Dentro da actividade da Ilustración que vimos de comentar, encádrase a visita de Abraham Carreiro. Nesta ocasión unimos ao alumnado do colexio máis maior e o noso do instituto máis pequecho coa lectura do libro Xoeliki, publicado por Sotelo Blanco, e pedímoslle ao autor do mesmo que viñese a falarnos do que mellor sabe facer: debuxar. Abofé que foi un éxito: todo un prodixio de velocidade co lapis e de amabilidade co público, que gozou aprendendo a dar os primeiros pasos dun cómic.
Moitas grazas, Abraham!
Moitas grazas, Abraham!
Mañá agardamos impacientes a Xabier Docampo e Xosé Cobas. Que emoción!
12 comentarios:
Esta charla gustoume moito, porque nos aprendeu a debuxar os tipos de viñetas.
Gustoume moito, divertinme e paseino ben.
Unha Actividade da ilustración na que aprendimos a deuxar cómics.
A min non me gustou.
foi moi divertido e gustaronme moito as ilustracions
Ese día paseino bastante ben,gustoume facer o debuxo do gato que queda sen dentes.Despois Abraham firmounos o libro.
Gustoume que viñera e que nos mandara debuxar a todos,ainda que me saiu algo mal.
Con Abraham pasámolo moi ben facendo debuxos, axudábanos cando non nos saía.
A visita de Abraham Carreiro foi moi entretida, explicou como debuxar comics e ao final tivemos que debuxar un neno que comía un bocadillo que tiña unha bomba e rompéronlle os dentes.
Esta mañá pasámolo xenial. Abraham ensinounos a como facer unha ilustración. Portouse xenial con nós, resolvendo dubidas e dicíndonos os pasos a seguir para un debuxo. Abraham está moi bo, ten que controlar esos levantamentos de camisa que fai sen querer, supoño...
Foi moi entretida e divertida,a idea de facer nós un cómic gustoume moito,paseino moi ben.
O que máis me gustou foi debuxar.
Gustoume moito poder facer nós os mosos propios debuxos sobre todo o de debuxar un robot e tamén me gustarón moito os que fixo Abrahan .
Publicar un comentario