Irresistible: iniciamos hoxe unha serie así chamada porque nos apetece exporvos cadros relacionados coa lectura, que non son poucos! Hai un libro precioso titulado Las mujeres que leen son peligrosas que está ilustrado con cadros de todas as épocas que nos amosan a mulleres lectoras. Nós ímovos ensinar cadros con todo tipo de lectores, aínda que -temos que recoñecelo- van abondar máis o de mulleres. Por que será que hai tantas mulleres retratadas e poucas artistas recoñecidas nas Historias da Arte?
Esperamos que vos gusten e os disfrutedes, porque... hai para moito tempo! (isto si que é unha ameza!) Este cadro pintouno MAURICE DENIS (1870-1943) en 1893, e chamouno "Musas en el bosque sagrado". Podedes contemplalo no Museo d´Orsay, en París.
Esperamos que vos gusten e os disfrutedes, porque... hai para moito tempo! (isto si que é unha ameza!)
Sen comentarios
Publicar un comentario