Chámase Shah Muhammad Raís, pero un libro inmortalizouno como El librero de Kabul. A súa pequena libraría leva trinta anos ubicada no centro da capital de Afganistán: a maioría do tempo conseguiu permanecer aberta. Raís empezou o seu negocio na época da invasión soviética. Tras as guerras tribais que dividiron o país, porén, os muyahidines fixéronse co poder en Kabul e prohibieron todo libro que non fose relixioso.
on por iso abandonou a súa libraría: regresaba periodicamente a Kabul onde, baixo a coartada da venda de artigos relixiosos, facía circular tamén“libros prohibidos”.A súa historia merecía ser contada. A periodista norueguesa Asne Seierstad pasou seis meses na súa casa e escribiu posteriormente El librero de Kabul, un libro que non satisfizo ao protagonista, pero que nós vos recomendamos para acercarvos a outras realidades e a outras culturas.




Sen comentarios
Publicar un comentario