Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/09/07

Arte de ler (3)

Imos hoxe coas lectoras de MATISSE (1869-1954), pintor francés que puxo en tea de xuízo a noción de estricta imitación da realidade. Apostou pola esencia e non pola aparencia da realidade fotográfica. Para el a cor é a que dá entidade á pintura; observa que a vida é cor e plásmao na súa pintura. Debuxa coa cor e distribúea no espazo de tal xeito que esta queda suxerida sen que se produzan as deformacións da perspectiva. E é que el constrúe sobra a cor. Mundialmente é coñecido como o creador do Fauvismo.
En 1963 abriuse en Niza o Museo Matisse, que reúne unha parte da súa obra.


Achegámosvos seis cadros das súas lectoras, que -como estamos a comprobar- son fonte de inspiración para tantos e tantas artistas:




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.