Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/09/07

El asesinato del profesor de Matemáticas

Iago, o meu pequeno, quixo recomendarvos este libro porque...

É un libro que me gustou moito por conter ao mesmo tempo intriga, acción e misterio. Trata de tres rapaces que van suspender as matemáticas e o profesor proponlles unha proba de lóxica. Con esta proba terán que investigar e dar co asasino do profesor. É dicir, a través das mates pasamos un bo rato de lectura! Os problemas plantexados son moi interesantes. E parece que as mates non son tan difíciles.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.