Aínda que eu non participo moito desta "febre" actual da novela histórica, cando vin este libro nun escaparate e ver o autor, lembrei outro libro del que lin hai xa anos e que me gustara, polo que me decidín tamén por este. Estou a falar de Juan Eslava Galán, e a súa novela Señorita, ambienta na Guerra Civil española e na 2ª Guerra Mundial. Se vos apetece coñecer algo del, eu recoméndovos esta máis que a que agora nos ocupa.El mercenario de Granada desenvólvese a finais da Idade Media, na toma do
Reino de Granada por parte dos cristiáns. Céntrase na parte histórica máis que noutros temas, que son os que axudan a manter un ritmo constante en toda a novela, o que a fai de fácil e amena lectura, a pesares dos datos históricos e de armas que a obra proporciona, cunha historia de amor que vai máis alá das diferenzas relixiosas. Non nas miñas palabras: obra na que resulta evidente a compenetración do íntimo co histórico, dentro dunha valoración moderna e dual de feitos tan eternos na historia do home como o amor e a guerra.




Sen comentarios
Publicar un comentario