Buf! Estou un pouco... non sei como dicilo. Por fin conseguín este libro, que dende febreiro a xullo leva xa 8 edicións en castelán e que podemos ler en galego grazas á Faktoria K. Tanto oín falar del... e lino nunha hora. Porén, estou, non sei como describilo, algo confusa. Si, paga a pena lelo pero... e é onda ese "pero" onde radica a miña confusión.É un libro contado dende a perspectiva dun neno de 9 anos. E fálanos dalgo que nunca deberiamos esquecer.Un "algo" que averiguamos dende o primeiro capítulo. O que me fai dubidar é o enfoque tan "inxenuo" que nos ofrece ese neno, non acabo de crer que non fose quen de percatarse do que sucedía arredor, iso é o que -ao meu parecer- falla na novela. Pero é unha novela máis que recoméndabel (sobre todo para vós, lectores máis xoves -isto incide na sensación que sempre tiven da inexistencia de fronteira entre literatura xuvenil e de adultos, creo que o que hai son diferentes lectores) cun final da historia bastante inesperado.
Outro voto a favor para ler o libro é un tema tan trascendente que nunca se deb
Pero non esquezades a lectura doutro libro que -para min- si é imprescindible: O diari
o de Ana Frank (tamén en galego grazas a Kalandraka). Un libro que nos transmite o horror vivido día a día, porque non é unha novela, é real.
Pero o meu pesimismo non me deixa compartir as últimas palabras da novela:
"Todo esto, por supuesto, pasó hace mucho tiempo, y nunca podría volver a pasar nada parecido. Hoy en día, no"
Aínda hoxe en día existe Guantánamo, a violación de todo tipo de Dereitos Humanos, os maltratos ás mulleres, os nenos-soldado... Hoxe en día, e cada día, hai holocaustos.




Sen comentarios
Publicar un comentario