Como son moi ben mandada, tan pronto como vin que en A Nosa Biblioteca recomendaban este libro, lino. E acertaron.
Las Viudas de los jueves é "unha análise implacable dun microcosmos social en acelerado proceso de decadencia" en palabras de Saramago. A descrición da vida cotiá dentro dun country elitista fainos odiar aos seus e ás súas personaxes, coa miseria da ostentación por riba de todo. As que narran son case sempre mulleres obsesionadas con manter ese nivel de vida, custe o que custe; o único que importa é o negocio, os cartos, por riba mesmo da morte. En claro contraste, a vida nun pequeno barrio constituído por persoas que prestan os seus servizos no country, un lugar a onde non se quere mirar, porque incomoda. Un país que é Arxentina pero que podería ser calquera outro
Unha lectura para reflexionar sobre a hipocresía, a avaricia, a falta de principios...
Con esta novela, a autora, Claudia Piñeiro, foi a gañadora do Premio Clarín de Novela 2005.
Sen comentarios
Publicar un comentario