Copiando a idea aportada polos compañeiros da Biblioteca do IES de Arzúa, non podiamos deixar pasar a oportunidade de lembrar que o 9 de agosto se cumpriron 62 anos da caída da bomba atómica sobre a cidade de Nagasaki. Nunca está de mais lembrar os horrores da guerra.
O 6 e 9 de agosto de 1945 sendos bombardeiros estadounidenses lanzaron sobre Hiroshima e Nagasaki en Xapón as primeiras e únicas bombas atómicas con uso militar non experimental. En poucos segundos, ambas cidades quedaron devastadas, logrando un xenocidio instantáneo do que Estados Unidos nunca se retractou. Calculase que nestos primeiros instantes, en Hiroshima, a bomba matou a máis de 120.000 persoas dunha poboación de 450.000 habitantes, causando ootros 70.000 feridos e destruíndo a cidade case na súa totalidade. En Nagasaki, o número de vítimas causadas directamente pola explosión estimase en 50.000 mortais e 30.000 feridos dunha poboación de 195.000 habitantes.
Sen comentarios
Publicar un comentario