Mentres o mundo camiña cara a abolición da pena de morte, Irán aínda mantén as lapidacións e continúa executando a menores. Amnistía Internacional rexistrou 177 execucións en 2006. Dúas foron lapidacións. Catro, execucións de menores. Só en xaneiro de 2007 sumáronse 19 execucións máis e a cifra real podería ser moi superior. Co fin de rematar dunha vez por todas con este tipo de actuacións, dámosche a posibilidade de unirte á campaña que está a levar a cabo Anmistía Internacional.
Tan só tes que picar na imaxe e poderás deixar a túa sinatura:
Sen comentarios
Publicar un comentario