Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/09/07

Mira si yo te querré

Outro bo libro lido estes días que desexo recomendarvos.

Os Premios Alfaguara (este é o premio deste ano) normalmente son un indicio de calidade, dende a miña humilde opinión, algo que non ocorre con outros premios. E, normalmente, non me defrauda. Isto lémbrame que outro día teño que falarvos do gañador do ano pasado!
Ao rematalo, un sente a necesidade de ir coñecer o deserto maxestuoso e afastado do que nos fala, ademais de lembrarnos que non debemos esquecer o sufrimento do pobo saharaui. Non só nos conta unha historia de amor imposible, senón que nos fala do nacemento do Frente Polisario, da inxustiza cometida contra un pobo que depositara nos españois as súas esperanzas (e así lles foi...) e nos lembra que no Sahara Occidental persiste aínda unha situación de desafío á legalidade internacional que observamos (se é que o facemos) con connivencia calada. Este libro ten a marabillosa particularidade de acercarnos a esta realidade medio esquecida, de traernos un anaco de deserto á nosa casa e de que, no medio da Hamada, un pobo espera, sen perder a esperanza, o retorno ao seu país.
Un libro que pode ser lido, sen máis, como unha novela de aventuras (facilmente levadas ao cine) ou como un exercicio de concienciación -leve- do que vos vimos de falar.
Pero, ante todo, unha boa lectura para calquera momento.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.