Cada día que pasa a vulnerabilidade dos grupos humanos aumenta. Cada día asistimos con maior frecuencia a noticias que nos superan: lugares arrasados, augas torrenciais, terremotos...
Quizais teriamos que nos plantexar se os desastres dos que falamos son "naturais" ou se, pola contra, son provocados polo ser humano. Parece que a maior parte destes desastres son produto dos danos que nós mesmos causamos á atmosfera, aos océanos, aos bosques, ao xeo polar...
Porén, os danos causados á natureza non son o único factor a ter en conta. A tendencia das poboacións para asentarse en áreas sísmicas, en zonas de evidente perigo de inundacións, avalanchas, etc. ten moito que ver coa superpoboación que se está a sufrir. A pobreza, a ignorancia, a falta de previsión e de planificación, acentúan a perigosidade dos desastres naturais.
Resulta aínda máis grave saber que unha parte dos desastres naturais poderían evitarse se toda a tecnoloxía da que se dispón se puxese ao servicio das poboacións con menos recursos económicos.
Sen comentarios
Publicar un comentario