Xa vos destes conta, non? Este libro é de... LORENZO SILVA!!!.
Ás veces, coñecer un escritor é contraproducente. Ben porque non sabe comunicarse co alumnado, cando o traes á aula, e resulta un tremendo tostón, ben porque falas con el e como persoa te desencanta, e te acabas preguntando como é capaz de escribir así sendo como é. Con Lorenzo Silva ocorre todo o contrario: non só sabe acercarse ao universo adolescente, senón que ao tratalo todo divismo e todo orgullo temido nin existen nin existirán nunca.
Sempre lembrarei o día que tiven a sorte de coñecelo, as horas previas, os nervios, o medo a que el non fose como maxinara... e o pouco tempo que puidemos disfrutar da súa compañía. Falamos de problemas de integración, de interculturalidade, da Galicia profunda... e ademais, tivo o detarlle de me contestar ao e-mail que lle mandei para dar as grazas. Creo conservar aínda o eco da súa voz e a maxia que nos contaxiou no tinteiro baleiro do silencio. E conservo por suposto as súas palabras: lamento tener nada más una vida estrecha y limitada para corresponder a tanta generosidad. Así é el.
En canto ao libro que teño nas mans, non será o meu preferido, quizais por esta tristura que destila -e que non foi a mellor opción nestes momentos da miña vida- e o pesimismo tan fondo que contaxia, quizais pola lembranza doutros seus libros lidos. A historia introdúcenos no territorio obsceno de dúas cartas escritas por alguén a quen a sociedade considera unha persoa de éxito. Outra historia moi diferente é como se ve el a si mesmo, como sente e como respira, como ve o mundo ao que pertence. A atmosfera asfixiante do desencanto, a lúcida ironía da autocrítica e as pantasmas converten a novela nunha metáfora da decepción, da soidade, da insatisfacción...
"En casi todos los momentos señalados de mi vida ha habido un urinario (...) donde se vierte la destilación de toda la inmundicia del alma"

4 comentarios:
"Tu y tu Lorenzo..." hehehehehe
Como me es!!!
E ti que o sabes, con este agasallo!
Pois a min o tipo este non che me fixo moita graza cando veu. Inda por rriba merqueille un libro cando veu de visita, só pra telo asinado..... e resulta que non valía para nada.
A que te refires cando afirmas que non valía para nada? A subir puntos ou a que non che gustou a súa lectura?
Publicar un comentario