Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/10/07

Falacias matemáticas

Unha falacia é unha afirmación matematica parecida a un paradoxo pero con erros sutís, case imperceptibles. Déixovos unha falacia escrita en versos. Se a pensades non é moi difícil. ¿Saberías dicirme cal é o erro?

"Dez viaxeiros esgotados,
nunha horrible aventura,
buscan abrigo e pousada
nunha noite fría e escura.

"Nove cuartos, non hai máis",
dixo o dono moi sereno.
"nun cuarto cada un,
durmen dous no noveno".

Que problema.
O pousadeiro daba voltas preocupado,
ninguén compartía o cuarto
entre estes homes cansados.

Era un ser intelixente.
Pronto se tranquilizou:
por compracer aos seus hóspedes
este é o plan que ideou.

Mandou dous ao cuarto A,
ao terceiro acostou en B,
en C dormiría o cuarto.
O quinto en D se quedou.
En E o sexto foi parar,
o séptimo en F caeu,
oito e nove en G e H
e de volta a A correu.
Alí aloxara a dous.
"Ah, vosa merced, vide aquí",
chamou ao décimo viaxeiro
e deixouno a salvo en I
En tan só nove cuartos
dez viaxeiros acollín,
para total desconcerto
de homes máis sabios ca min."

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Pois nn teño nin idea. Esto é unha tonteria no?

Anónimo dixo...

Chus di: a min gústame. Voullo dar a un matemático para que mate a cabeza un pouco. E cando saibamos a solución, contestamos!

Anónimo dixo...

di ti cal é o erro, que ti es o matemático, no? :)

unMuack!*

Anónimo dixo...

Se xa meteu dous na habitación A, xa non cumple que teña q haber un en cada habitación, digo eu

Anónimo dixo...

Velaí está a falacia meu ben querido visitante! un dez para ti!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.