Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/10/07

Froitos

Comezo este post quebrantando unha promesa feita a min mesma este martes: a de ser aséptica nas entradas deste blogue, a de non comunicar nada persoal. Pero, que cara_o! ás veces un necesita transmitir algo máis que unha lectura fermosa, unha información neutra... e, como di o meu prezado Antonio, se a alguén non lle gusta, que non o lea! Ademais, se non o fago así, querida Loly, Teléfonica vaise forrar!

Un dos temas máis recorrentes e máis importantes nesta nosa vida profesional é a lectura. Do novo ensaio de lectura no grupo de 4º de ESO que imparto este curso xa vos falei. E esta experiencia paréceme tan importante e tan fructífera, que fixo que estes días aos Ronseis lle nacese un irmán pequeno: un ronsel que a barca lectora deste curso vai deixando no seu percorrido polo mar da adolescencia.
Non sei se é contraproducente expresarme con tanta liberdade cando sei que len este blog, pero é de xustiza deixar por escrito que esta aula é a que me dá forzas para ir traballar cada día ao centro: a súa ledicia esgotadora, e mesmo un cariño incipiente que se deixa sentir, procúranme un ben co que non contaba. E teño que recoñecer que este amor meu polos libros comeza a dar os seus froitos nesas cabezas adolescentes que se deixan contaxiar polas miñas múltiples propostas de actividades que imos realizar (sempre dentro da aula, claro está).

A sorpresa deixa de selo cando contemplo con deleite o silencio que se establece na hora de lectura, cando "voo" entre eles para explicarlles algo que non entenden, cando procuro as súas libretas de reflexións, cando debo deixar a aula para ir á biblioteca por algún outro libro (aiiii!!!)..., len, e o que é máis importante, disfrutan coa lectura. Xa sabedes que choro por todo, pero de verdade, que emoción me percorre cando sinto que están vivindo esoutros mundos que a cadaquén lles está a ofrecer o seu libro! Tento explicarlles que o importante é iso: poder viaxar con cada libro, sentir carraxe, amor, odio, pena, ledicia, aventura, misterio... o que o libro lles estea a ofrecer nese momento.


Se algún libro non é capaz de conseguilo, que o deixen e comecen outro. Isto creo que foi o máis impactante: non ter a obriga de ler un libro que non lles gusta. Tento que saiban que, aínda non sendo lectores, sempre toparán un libro escrito para eles (este lema sóame, verdade Anxo?). E isto tendo en conta que lles suplico un pouco de paciencia porque deseguida se desesperan se non entenden o que ocorre nas primeiras páxinas do libro, acostumad@s como están á velocidade actual: "dádelle un tempo" e a medida que avanzan coméntanme como eu tiña razón e xa lograron entender o que nun principio parecía tan difícil...

Son consciente de que estamos ante un gran reto, porque debemos avanzar na asignatura. Porque o ano que vén estarán en bacharelato e quen lles dea clase comentará "Pero o ano pasado non fixestes nada?" e eu sorrirei porque espero ter axudado a formar LECTOR@S e PERSOAS, que é o que a min máis me importa. E porque agardo que lendo e escribindo aprendan galego, literatura galega... e que ata amen a poesía!.

A súa capacidade de concentración é, ás veces, subxugante. Un día cheguei e díxenlles: vouvos contar un conto. Este libro tan fermoso que espero coñezades. O silencio foi total. Entregáronse a escoitalo e logo a comentalo como soen facer os adolescentes: con paixón. E unha das nenas reclamoume: "eu non sei poñer voces coma ti!". Pois ben, tamén traballaremos a oralidade. "E o teatro?. A min gústame o teatro!" comentou outra. Vale, algo faremos de teatro... Está claro que esa hora semanal non nos vai chegar a nada. Pero si creo poder afirmar a golpe de outubro que imos ter uns resultados excelentes en xuño. E isto que non o lean!!!


E como lle debo unha á miña "pasota", que non o é, senón que é encantadora... grazas!


Segue as estelas dos ronseis

11 comentarios:

Antonio Alonso dixo...

Ves, ves, ves lo que nos estaríamos perdiendo ?? Y gracias por dar una versión tan sutil, civilizada y light de mis palabras... me asusté antes de terminar el párrafo... ;-)

Ronsel dixo...

Son un pouco basta, vale, pero non sempre, querido amigo!

Anónimo dixo...

grazas pola nova experiencia que nos estás a dar este ano. nunca o olvidarei! e grazas tamén por recomendarme "crime e castigo", é un libro moi interesante e recoméndoo. que sepas que sí son algo PASOTA!

Anónimo dixo...

Ola desde o Ribeiro con amor! Unha pasada de blog!

Oki dixo...

Pois lendo estas cousas tan estupendas, dende outras bibliotecas collemos forza para seguir traballando. Parabéns!

Anónimo dixo...

Xa sabiamos que non podiamos deixarte marchar de Ribadavia!!!

Anónimo dixo...

E verdade que cando nos propuxeches a tua idea na clase todos quedamos un pouco como sorprendidos e sen saber por donde empezar ese cadernillo que tan pequeno é e tan grande nos parecia,pero falo por min e por moitos outros que a experiencia foi do máis interesante e un modo novo de leer e cunha certa liverdade e ao ter que escribir ese caderniño sempre te paras máis no que o libro che dí e no moito que podes aprender deles!MOITAS GRAZAS!!

O Segrel do Penedo dixo...

Non se vos pode deixar un día, e moito menos catro... E comezo a miña andaina pola blogosfera e non o podo crer, que é iso de que van acabar as nosas conversas telefónicas? Nin se che ocorra!! Ademais, aquí estou eu para impedilo.
Bicos

Anónimo dixo...

Bueno bueno bueno, non sabes canto comentario esta provocando esta entrada do teu blog no colmeiro. Pero como se che ocorre dicir que só vale a pena os de 4º. Vale que nesa clase hai algunha cabeza pensante e tal, e algunha persoa boa, pero tampouco te pases. jej E logho os de 2ºBH. Non traballaremos moito, pero iso si a nosa clase éche un cachondeo constante, se ata cantamos e todo. Jejeje Nos tamén te queremos máis do que pensas. Por certo, grazas por lembrarte do meu cumpleanos. Un saúdo

Ronsel dixo...

Querido político: vas ter que aprender aínda moito! eu non dixen que só eles pagaban a pena, dixen que me dan azos, que é diferente! Xa sabes que eu quérovos a todos, aínda sendo tan fachas!!!

Anónimo dixo...

pois si gracia!!como dixeron xa, claro que nos sorprendeu esa idea e a min persoalmente paréceme xenial porque ata agora sempre era ler un libro gustaseche ou non e ¡ala! a final do trimestre facer exame!!como se pode disfrutar así da lectura?como charmarlle:unha lectura forzosa!! Bueno pois dito esto, darche as gracias polo entusiasmo q puxeches en nós!E hai que dicir que estasteo currando!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.