Moi emotivo, en Brétemas hai un post titulado "Vivamos como galegos", onde nos di textualmente "Ver este vídeo publicitario de Gadis na televisión é emocionante. "A xente non é fea, é riquiña!" Unha auténtica marabilla! Pásao!"!
Pois ben, imos ver o vídeo, onde contemplamos a nosa Galicia chea de tópicos topicalis, onde por suposto, a xente non "é fea, é riquiña" (será que ghuapos non somos nunca?), e onde seica chove diario (hoxe vai un sol de carallo...)
O que máis me conmove é, desde logo, o idioma no que está feito o anuncio. Porque si, señores e señoras, está feito en GALEGO. Incrible! Gadis utiliza a nosa lingua! Será que ando un pouco trastornada ultimamente, pero... vou todos os días ao Gadis (está moi preto da miña casa) e nunca vin nada alí en galego: ningún anuncio, ningún carteliño que indica a sección á que te debes dirixir, ningunha propagando na caixa do correo... todo o contrario do que ocorre en Eroski, super non-galego pero que utiliza a nosa lingua sempre. Será porque son de fóra polo que están máis concienciados...
Supoño que non son moi optimista ultimamente (ao contrario do que nos di o anuncio, que mala galega son!) e vexo todo moi neghro. Será que veño de contestar a Charo por unha cuestión lingüística... non sei, aí volo deixo e espero que vós me digades se estou equivocada. Sería todo un pracer ver a botella medio chea!:

2 comentarios:
Ainda recordo un debate que mantivemos nunha das tuas clases e que tratabamos este tema. Pero en vez do Gadis estabamos a falar do centro comercial Haley (Lalín)...
Quen me dera volver a esas clases-debates...
Bicos Ghrandes!!!!
E a min quen me dera tervos alí... Un orgullo e un honor ser a vosa mestra... e a vosa nai.
Beixos a moreas
Publicar un comentario