Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/10/07

O prometido é débeda

Hai uns días comentaba algunhas das miñas intencións de traballo en 4º de ESO con moita ilusión. Como parece que o meu doutor non está moi polo labor, espero volver axiña, porque sinceramente é o que máis boto de menos estando de baixa (mágoa non poder sacar a aula do centro para poder ir eu aló). Falaba da miña proposta de lecturas e, ¡horror! dúas persoas que saben moito máis ca min neste mundo pedíronme a súa publicación. E aquí vai, unha primeira aproximación, mentres estudo a súa evolución. Segundo esta, introducirei cambios ou non, dependendo da reflexión que vaia facendo a medida que eles e elas vaian lendo. E é que me daba medo recomendar, por exemplo, a Paul Auster e que a súa madurez non fose suficiente, estragando así a súa lectura no futuro. Os libros que van en negriña son os que están a ler actualmente (iso espero, aínda que eu non estea alí); son, cando menos, os que eles escolleron. Esperarei os vosos comentarios.
  • 1.- Anxos Sumai: Anxos de garda, A Nosa Terra.
  • 2.- Aldous Huxley: Un feliz mundo novo. Xerais
  • 3.- Ray Bradbury: Crónicas marcianas . Xerais
  • 4.- Salinger: O vixía no centeo . Xerais
  • 5.- Aníbal C. Malvar: Unha noite con Carla , Xerais.
  • 6.- Xosé Miranda: Morning Star , Xerais.
  • 7.- M.A. Murado: Ruído. Relatos de guerra , Galaxia.
  • 8.- Gonzalo Navaza: Erros e Tánatos , Xerais.
  • 9.- X. M. Núñez Singala: Mar de fondo , Galaxia
  • 10.-M. Suárez Abel: Sabor a ti , Xerais
  • 11.-Tolkien: O señor dos aneis , Xerais.
  • 12.-Dan Brown: O código Da Vinci , El Aleph.
  • 13.-Edgar Allan Poe: Contos , Tris-Tram.
  • 14.-Jordi Sierra i Fabra: Nun lugar chamado guerra , Galaxia.
  • 15.-Christine Nöstlinger: Horario de clase , Galaxia
  • 16.-Mark Twain: As aventuras de Tom Sawyer . Xerais
  • 17.-Tolkien: O hobbit. Xerais
  • 18.-Edgar Allan Poe: O escaravello de ouro . Xerais
  • 19.-John Steinbeck: A perla . Galaxia
  • 20.-Anna Gavalda: Xuntos e máis nada . Galaxia
  • 21.-Robert Louis Stevenson: A illa do tesouro . Xerais
  • 22.-Bram Stoker: Drácula . Xerais
  • 23.-Patrick Süskind: O perfume . Sotelo Blanco
  • 24.-Susan E. Hinton: Rebeldes . Alfaguara
  • 25.-Ariel e Joaquín Dorfman: A cidade en chamas . Xerais
  • 26.-Andrea Camilleri: A pensión Eva . Galaxia
  • 27.-Antonio Tabucchi: Tristano morre . Galaxia / Afirma Pereira
  • 28.-Jaume Cela: Silencio no corazón. Galaxia
  • 29.-Arthur Conan Doyle: Un estudio en escarlata. Galaxia (ou calquera outro libro deste autor)
  • 30.-Marina Mayoral: Chamábase Luís . Xerais
  • 31.-Gemma Lienas: O diario vermello de Carlota . Galaxia
  • 32.-Domingo Villar: Ollos de auga . Galaxia
  • 33.-Xosé Neira Vilas: Memorias dun neno labrego . Edicións do Castro.
  • 34.-Xavier Alcalá: A nosa cinza . Galaxia
  • 35.-Ana Frank: Diario . Kalandraka
  • 36.-Eduardo Balnco Amor. A esmorga. Galaxia
  • 37.-Hemingway: O vello e o mar. Galaxia
  • 38.-Kafka: A metamorfose. Sotelo Blanco
  • 39.-Kafka: O proceso. Sotelo Blanco
  • 40.-Manuel Rivas: Que me queres, Amor? Galaxia
  • 41.-Unai Elorriaga: Un tranvía cara a SP . Galaxia
  • 42.-Xesús Manuel Valcárcel: O capitán Lobo Negro . Galaxia
  • 43.-Amelie Northomb: Un nome de dicionario . Galaxia
  • 44.-Agatha Christie: Asasinato no Orient Express / Asasinato de Roger Ackroyd / Cianuro espumoso / Dez negriños . Galaxia
  • 45.-Fiodor Dostoievski: Crime e castigo . Galaxia
  • 46.-Charles Dickens: Oliver Twist. Galaxia
  • 47.-Jean Philippe Toussaint: Fuxir. Galaxia
  • 48.-María Reimóndez: O club da calceta . Xerais
  • 49.-Pasqual Alapont: O inferno de Marta . Xerais
  • 50.-George Orwel: A revolta dos animais . Positivas
  • 51.-Camus: O estranxeiro. Edicións do Cumio
  • 52.-Herman Hesse: Baixo as rodas / / Siddartha. Galaxia
  • 53.-Hoffmann: Contos . Tris Tram

4 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Non hai nada mellor neste mundo que un bo AMIG@ (xa sabes que para mín a AMIZADE sempre vai con maiúsculas), e se por riba cumple as promesas, que máis se lle pode pidir?
Pois, que non cambie nunca!!

MESTURAS dixo...

Moitas grazas, por todo non só pola lista, que tamén. Encántanme todos os vosos posts, que o saibades. En canto as botellas mellor que estean medio cheas, dígocho eu, que de botellas sei un pouco...

Antonio Alonso dixo...

Primero que te mejores y segundo: gracias por compartir.
Un saludo !!

Anónimo dixo...

Memorias de un neno labrego está XENIAL!!!!!!!!
XENIAL
XENIAL!

Lino cando era nova e volvereino a ler (cando teña tempo, jejeje)

unMuack!*

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.