Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/11/07

Correos de ida e volta

Esta pretende ser unha pequena homenaxe a todos eses arquivos de autor anónimo que chegan por centenares (ás veces por miles) aos nosos correos electrónicos e que, en moitas ocasións, son directamente expulsados á papeleira de reciclaxe máis cercana. Videos, presentacións, viñetas... que chegan a nós tras pasar polos correos de moita outra xente. Eu persoalmente estou encantado de recibilos porque, aínda que non os leo todos (recoñézoo!), significa que o remitente se acordou de min durante uns segundos.

E revisando agora mesmo o meu correo persoal descubrín este que fala da amizade. Tomeime a licenza de "tunealo" un chisco para ensinárvolo. Non ten nada de especial, simplemente gustoume.

1 comentario:

O Segrel do Penedo dixo...

Como que non ten nada especial? Querido Anxo, a AMIZADE sempre é especial!!
Encántame, subscribo eses trece "principios"
Bicos.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.