Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/11/07

A importancia de saber idiomas

Estes días que ando a "trafegar" nas aulas de 2º de bacharelato coa Sociolingüística, tento que comprendan que a defensa da nosa lingua non garda relación coa verdadeira importancia de saber outros idiomas. A cultura non ocupa lugar, por moito que vos coste aceptalo. Por exemplo, saber chinés, que será o idioma do futuro... o que provocou moitos risos. E falando disto, lembreime dun vídeo moi simpático que viramos en agosto, naquela febre blogueira do verán. E aí volo deixo, para aqueles e aquelas que non puidestes descubrilo daquela. Nel fálanos da necesidade do plurilingüismo con moita graza:

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Graciña,se nos dámonos conta da importancia da sociolinguistica, o carallo é que hai que estudala. De tódolos xeitos, decirche que eu non creo que o chines vaia ser a lingua do futuro. Non basta con ser a máis falada, hai que ter en conta outros factores, como o numero de paises nos que se fala, e o desenvolvemento do país, e por moito que China ande faltalle moito para acadar a EUA.

O Segrel do Penedo dixo...

Si que o vimos en agosto, publicouno o Capitán Kalandraka e eu, cada vez que o vexo non podo deixar de rir. É boísimo.
Vaia fin de semana de risas, que non decaia!!!!

Anónimo dixo...

esta xenial jejejejeje

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.