Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/11/07

Non á violencia contra as mulleres (XIX)

Un novo libro sobre o tema: Trátame bien. Nel recóllese o testemuño de dezaoito mulleres que sufriron maltratos físicos ou psicolóxicos dentro dunha relación sentimental, pero superárono ou están en camiño de facelo. As protagonistas son mulleres de diferentes idade, clases sociais e condicións que ofrecen unha panorámica decididamente plural.
Un texto, sen dúbida, de denuncia pero, sobre todo, de reflexión e esperanza.
Esmeralda Berbel foi finalista en 1993 do Certame de Relatos Breves Imaxes de Muller e publicou o conto No me dijo. Ese mesmo ano obtivo o premio de narrativa castelá da Fundación La Caixa co conto Dormir y despertar. A Asociación Progresista de Mulleres Montserrat Roig premiou o seu conto Albahaca en 1998 e o relato Amapolar no ano 2003. No ano 2002, con El hombre que pagaba noches enteras, publicou o seu primeiro libro de relatos.

Esmeralda Berbel
Trátame bien
Alba editorial






Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.