O tesón e as ganas de traballar -máis de 800 cadros en nove anos como pintor- que demostrará Vincent Van Gogh ao longo da súa corta vida son encomiables e definen claramente a biografía deste magnífico pintor neo-impresionista.
Van Gogh obtivo a gloria artística despois de morto. E, xa no século XX, a súa figura acadou a categoría de mito. Entón, o valor da súa obra empezou a multiplicarse. No mercado do arte, as súas pinturas e debuxos atinxiron prezos astronómicos.
Repítese ata o cansazo que só vendera un cadro en vida e que o pouco que gañaba investíao en materiais para seguir pintando. Así se nutriu artificialmente o valor do mito. Un dos seus sete xarróns con xirasoles e os seus lirios pasaron a estar entre as telas máis caras.
Pero o legado de Van Gogh non se extendeu moito máis alá. Atribúese ao seu carácter e aos rasgos individualistas do impresionismo francés o fracaso da súa colonia de artistas. E isto tamén alimenta o valor da súa excepcional obra.
Pero o legado de Van Gogh non se extendeu moito máis alá. Atribúese ao seu carácter e aos rasgos individualistas do impresionismo francés o fracaso da súa colonia de artistas. E isto tamén alimenta o valor da súa excepcional obra.
Deixámosvos aquí unha boa representación da súa obra que vai acompañada de frases célebres que che convidamos a ler...
1 comentario:
Buenas tardes. He visto el blog y me ha gustado bastante la información sobre Vincent. Yo también soy una gran admiradora de Van Gogh. He creado un blog sobre el y si quieres te invito a conocerlo:
http://losgirasolesdevangogh.blogspot.com
Volveré a ver tu blog, un saludo desde Andalucía!
Publicar un comentario