Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/11/07

Non á violencia contra as mulleres (XXVII)

Non. Seguiremos falando deste tema. Porque este ano está sendo especialmente brutal. Porque mentres siga a existir, nós seguiremos a insistir. Porque mentres haxa maltratadores, haberá educadores, empeñad@s en facelos desaparecer. Porque algún día berraremos que fomos nós quen vencemos.
A violencia contra a muller adopta formas diversas, incluídas a violencia no fogar, as violacións, a trata de mulleres e nenas, a prostitución forzada, a violencia en situacións de conflito armado -coma os asasinatos, as violacións sistemáticas, a escravitude sexual e o embarazo forzado-, os asasinatos por razóns de honor, a violencia por causa do dote, o infaticidio feminino e a selección prenatal do sexo do feto en favor de bebés masculinos, a mutilación xenital feminina e outras prácticas e tradicións prexudiciais.
A actriz inglesa Emma Thompson participou recentemente nunha campaña para concienciar sobre o drama que sofren máis de 4000 mulleres sometidas ao tráfico sexual no Reino Unido, gravando este vídeo impresionante:



As mulleres escravizadas pola prostitución perden algo máis que os seus nomes.

3 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Tremendo

Anónimo dixo...

Im-presionante!!!

Anónimo dixo...

quedeime sen palabras

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.