Hoxe quérovos abrir unha porta distinta dentro dos vosos oídos. Ímonos ir a Senegal para que coñezades a un dos representantes máis importantes dentro da música africana: Youssou N´Dour.
Artista comprometido con asuntos sociais e culturais do seu Senegal natal, axudou ao desenvolvemento da música popular do seu país, coñecida como mbalax, unha mestura do griot tradicional con ritmos afrocubanos, que apareceron na viaxe de regreso dos caribeños á África Occidental en torno aos anos 50.
A mediados dos 70 esta mestura influenciouse con ritmos de danzas senegalesas, sós de saxofón, guitarras, percusións marcadas e cantos relixiosos sufís musulmáns. Ademais, os xoves músicos senegaleses recibían influenzas do rock e do jazz norteamericano. Todo se amalgamaba nunha Dakar cosmopolita, que á súa vez trataba de descubrir a súa herdanza musical con trobadores tradicionais. Neste caldo de cultivo musical fructífero, o mbalax atopou en Youssou N'Dour o seu baluarte fundamental.

Comezou a actuar con 12 anos e en pouco tempo fíxose moi popular. Converteuse nun dos músicos africanos máis coñecidos e en Occidente coñécense as súas colaboracións con músicos como Peter Gabriel, Sting, Bruce Springsteen ou Tracy Chapman, entre outros.
En 1985, organizou un concerto pola liberación de Nelson Mandela. Actuou na xira mundial de 1988 de Amnistía Internacional: Human Rights Now! Tour e traballou para a ONU e UNICEF. Participou no proxecto Joko para instalar internet no Senegal para que así se conectara con todo o mundo. Actuou nos concertos Live 8 de Londres e París.
3 comentarios:
Grazas. Encántame este tío!!!
Non o podo crer!!! Tiña preparado un post para Os Nosos Venres Musicais desta semana sobre Youssou N'Dour.
Deixarémolo para mellor ocasión...
Unha aperta para o Anxinho.
...postos a copiar jejejejejeje
un bico Loli!!
Publicar un comentario