En 1989 varios xoves irlandeses uníronse co propósito de formar un grupo: Noel Hogan (guitarra), Mike Hogan (baixo), Fergal Lawler (batería) e Niall Quinn (vocal). O grupo non posuía nada novo no que se refire a orixinalidade, con guitarras punk-pop e cancións máis ou menos amables e lineais con letras cómicas compostas por Niall, quen ademais tiña un gusto extravagante para compoñer os temas. Aquela primeira banda foi chamada orixinalmente The Cranberry Saw Us'.Cando Niall Quinn deixou a banda, Dolores O'Riordan gañouse o rol de vocalista da banda: a súa voz pasaría a ser o elemento distintivo do son da banda. The Cranberry Saw Us deixaron de existir e xurdiron The Cranberries.
O 1 de marzo de 1993 publícase o seu primeiro disco Everybody Else Is Doing It, So Why Can´t We? Musicalmente o disco fusiona o pop-rock tradicional inglés de finais dos 80, co folk e os ambientes místicos irlandeses. Liricamente as súas letras expresan un punto de vista inxenuo, onde Dolores abandona o mundo terrenal para adentrarse cara un mundo idealista cheo de esperanza e soños. Este disco sería o primeiro dunha serie de éxitos entre os que por riba de todo destaca o seu archicoñecido tema Zombie.
A personalidade das cancións dos Cranberries débese a que Dolores pertence a ese grupo de cantantes que durante os 80 e 90 fixeron da súa interpretación vocal, un instrumento que rompe cos moldes das regras vocais melódicas e facéndose totalmente protagonista da canción. Dolores posúe unha voz sobrecolledora que pasa do máis mínimo susurro ao berro en tan só un intre.
Na actualidade, o grupo desfíxose ou, como eles din " tomanse un descanso " pero todos os seus fans desexan que algún dia volvan e nos volvan namorar coas súas cancións.
Discografía básica
- Everybody Else Is Doing It, So Why Can´t We?
- No Need to Argue
- To the Faithful Departed
- Bury the Hatchet
- Wake up and Smell the Coffee




1 comentario:
Zombie foi un dos meus temas favoritos na xuventude. Que tempos
Publicar un comentario