Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/11/07

Os homes do Kalahari

Grazas ao blogue Fogonazos, descubrimos que:

Durante os últimos 20000 anos, os homes do Kalahari sobreviven nunha das zonas máis áridas da Terra, un deserto de 500000 quilómetros cadrados, cun nome que na lingua aborixe (Kgalagadi) significa "gran sede". Porén, non se trata dun auténtico deserto. Nalgunhas zonas prodúcense precipitacións intermitentes e hai xeitos mesmo de topar auga.
Hoxe en día quedan uns 100000 bosquimanos distribuídos entre Botswana, Namibia, Angola e Sudáfrica. Pero son moi poucos os que aínda manteñen o modelo de vida tradicional baseado na caza e a recolección. A maioría viven como pastores, traballando de gratis, polos alimentos ou salarios mínimos como xornaleiros. Ao longo dos últimos anos os diferentes gobernos fóronos desprazando e arrebatando as terras.
A película "Los dioses deben estar locos" falaba dos bosquimanos, aínda que desde un punto de vista algo distorsionado, proporcionando secuencias memorables como esta:






Porén, a situación actualmente parece que ten empeorado perigosamente, por algo falamos de África. A maioría viven alcoholizados e drogados nunha especie de reservas. Ademais poden permanecer varios días sen comer e sen desfalecer grazas ao consumo dunha planta chamada "hoodia" que agora as multinacionais de produtos dietéticos pretenden roubarlles mediante a patente do compoñente da mesma que produce a saciedade. Coma case sempre, hai xente que loita a favor dos bosquimanos para que estes coñecementos non poidan ser patentados polas multinacionais. Outro exemplo máis do abuso absoluto da globalización, en occidente quitan ao que seguramente é o pobo máis pobre do mundo o pouco que teñen... para que os gordos adelgacen!



1 comentario:

VR dixo...

capullo paxaro

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.