Na miña loita constante por tratar de mostrarvos aspectos matemáticos que están moito máis preto de nós do que pensades, tráiovos hoxe a está xanela o denominado número áureo.
Tamén chamado número de ouro, número dourado, sección áurea, razón áurea, razón dourada, media áurea, proporción áurea ou divina proporción, vén representado pola letra grega Φ (fi) e é o número irracional:
Trátase dun número que posúe moitas propiedades interesantes e que foi descuberto na antigüedade, non como “unidade” senón como relación ou proporción. Esta proporción atópase tanto nalgunhas figuras xeométricas como nas partes do corpo, na morfoloxía de diversos elementos tales como caracolas, as follas dalgunhas árbores, etc.

Pero como non quero aburrirvos coas miñas explicacións, decidín chamar a un amigo que explica todo isto mil veces mellor ca min. Prestade atención...
Sen comentarios
Publicar un comentario