Tempo de recontos. UNICEF escolle as seis mellores fotos do ano, que supoñen unha mostra de criterio xornalístico e social, bo gusto e sentido artístico.
1.- Matrimonios forzados
A imaxe de Ghulam, unha nena afagana de once anos sentada xunto ao seu home de corenta, foi elixida como mellor fotografía do ano polo Fondo das Nacións Unidas para a Infancia. A foto é de Stephanie Sinclair.
A fotógrafa adicou os dous últimos anos a tomar unha serie de fotografías referidas aos matrimonios forzados en países como Afganistán, Etiopía e Nepal, onde as vodas con nenos é cada vez maior.
A imaxe amosa a cara de receo e temor da pequena ao mirar para o seu marido.2.- A explotación infantil
En segundo lugar, recoñeceuse o traballo do bangladesí Golam Mostofa Bhuiya Akash sobre a explotación laboral de nenos no seu país.
3.- A inocencia entre o carbón
A imaxe de Annalyn, nena filipina que vive nunha colonia de mineiros preto de Manila recibiu o terceiro premio. A foto é de Hartmuy Schwarzbach.
Mensaxe de ledicia no medio da miseria. Mensaxe de esperanza, pois.4.- Os nenos esquecidos de Chechenia
A imaxe, con mención de honor, amosa unha escena da capital de Chechenia, Grozny. Foto de Musa Sadulayev.
A foto, cunha Mención de Honor, amosa nenos feridos palestinos que son trasladados ao hospital tras un ataque israelí no norte de Gaza. A foto é de Hatem Moussa.
6.- Xenocidio ruandés
Joseline foi violada durante o xenocidio de Ruanda en 1994. Froito desa agresión naceron Leah (en primeiro plano) e Hossiana (ao fondo), agora adolescentes. O ollo do fotógrafo Jonathan Torgovnik plasmou nesta instántanea a atmosfera que rodea á nai e ás fillas, 13 anos despois. Obtivo o primeiro premiio de Retrato Fotográfico da National Portrait Gallery de Londres.
"Foi violada repetidamente durante e despois do seu embarazo; e despois de dar a luz, volveu quedar preñada como resultado dunha das violacións".
1 comentario:
temos moita sorte de vivir onde vivimos e nas condicións en que o facemos. É máis fácil esquecer as inxustizas de arredor...
Publicar un comentario