Tal día coma hoxe celébrase en todo o mundo o día mundial contra a SIDA, un dos principais problemas da sociedade na actualidade, que sobre todo afecta aos países máis desfavorecidos, pero que pouco a pouco está a prexudicar tamén aos países máis desenvolvidos.
A SIDA é unha enfermidade que segue a causar estragos e que, ademais da morte, causa brutais discriminacións en vida que causan moitísima dor en persoas que xa teñen o sufrimento da súa enfermidade; é unha das principais causas de mortalidade no mundo e a primeira en África.
En España, entre 50000 e 70000 persoas descoñecen que están afectadas polo virus VIH; en total están afectadas unhas 125000 e ao ano contáxianse 3000 persoas máis.
En España, entre 50000 e 70000 persoas descoñecen que están afectadas polo virus VIH; en total están afectadas unhas 125000 e ao ano contáxianse 3000 persoas máis.
Novos datos poñen de manifesto que a prevalencia mundial do VIH -a porcentaxe de persoas que viven co VIH- estabilizouse e tamén sinalan que o número de novas infeccións descendou, en parte como resultado do impacto dos programas do VIH.
Tamén no ano 2007 estímase que en África subsahariana producíronse cerca de 1,7 millón de novas infeccións polo VIH, o que representa unha importante reducción dende o 2001. Porén, esta rexión segue estando gravemente afectada. Estímase que 22,5 millóns de persoas que viven co VIH, o 68% do total mundial, corresponden a África subsahariana. Na actualidade, oito países desa rexión contabilizan arredor da terceira parte de todas as novas infección polo VIH e as defuncións pola sida en todo o mundo.

Desde 2001, ano en que se adopotou a Declaración de compromiso das Nacións Unidas sobre a sida, o número de persoas que viven co VIH en Europa oriental e Asia centra aumentou en máis do 150% no ano 2007. En Asia, o número estimado de persoas que viven co VIH en Vietnam duplicouse entre 2000 e 2005, e Indonesia presenta a epidemia de crecemento máis rápido.
Esta é a campaña de Médicos sen Fronteiras:En Suíza fixéronse polémicas campañas para previr a SIDA: «Non hai acción sen protección». Destinadas a todas aquelas persoas sexualmente activas, son unha aguda advertencia que sexo sen protección, ao igual que a esgrima ou o hockey sobre xeo sen a roupa axeitada, conleva serios e penosos riscos. Campaña do ano pasado para a prevención da Sida en Holanda:
2 comentarios:
Como o día da violencia de xénero, este día tampouco se debía celebrar. A esperanza que queda é loitar contra esta maldita enfermidade que pouco a pouco se extende entre nós
Moi divertido o anuncio, e sobre todo a parella que vai no avión toda pendente da "maniobra"...
Publicar un comentario