Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/12/07

Deter a fotografía

Segundo publicou "El País", EEUU acusa a un reputado fotógrafo de ter lazos con insurxentes en Irak.

EEUU retén ao fotógrafo iraquí da axencia de noticias Associated Press, Bilal Hussein Zaidon, autor dunha serie de 20 imaxes coa que obtivo o premio Pulitzer no ano 2005. Segundo o Pentágono, teñen probas convincentes e irrefutables de que o fotógrafo garda contacto coa insurxencia en Irak, pese a que non informaron sobre as acusacións que pesan sobre el nin que probas teñen.
O caso é catalogado pola prensa como un exemplo máis das complicacións que sofren os periodistas iraquís que cobren a guerra no seu país.
Reporteiros sen Fronteiras pide a liberación inmediata do reporteiro, detido polos soldados de EEUU, e acusa a este país de pisotear os seus dereitos ao empeñarse en facer do periodista un terrorista sen ter probas.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.