Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/12/07

Linguas cruzadas

Onte falabamos da nosa árbore que reza "Todas as linguas na nosa". A nosa lingua. Pero é nosa de verdade? Usámola ou deixamos que pereza? Falarán os futuros habitantes de Galiza de que "algún día existió un idioma llamado gallego"?. Nas nosas, mellor dito nas vosas, mans está.



1 comentario:

Anónimo dixo...

Outro vídeo feito en Coruña!
E ata hai un rapaz de Turismo que da a súa opinión...

A discriminación por falar galego nas cidades nótase, pero non por eso temos que deixar de ser galego-falantes.

Ben é certo que a diario estamos a escoitar música en castelán, e en inglés señores, en inglés! E quen é o chulo que se pon a falar en inglés soamente por escoitar cancións nese idioma?

un bico!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.