Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/12/07

Nontodovanserlibros(XXIII)

Segundo conta a lenda, Edith Piaf nace debaixo dunha farola fronte ao número 72 da rue de Belleville en París, de pai acróbata e de nai cantante ambulante. Debido a que a súa nai é demasiado pobre como para criala, Édith é criada polas prostitutas da casa que rexentaba a súa avoa paterna.

Ao finalizar a 1ª Guerra Mundial, o seu pai volve do frente e lévaa consigo a vivir a vida dos artistas dos pequenos circos itinerantes, e despois a do artista ambulante, independente e miserable. Édith revela o seu talento e a súa excepcional voz nas cancións populares que canta nas rúas xunto ao seu pai. En 1935, é descuberta por Louis Leplée, xerente dun cabaret de moda situado na avenida dos Campos Elíseos. Convídaa a presentarse co nome artístico da nena Gorrión ("la Môme Piaf") debido a que era de pequena estatura e cantaba coma un gorrión cunha voz espléndida. As súas presentacións foron todo un éxito, e o seu talento e a súa voz son destacados por importantes figuras da época. En marzo de 1937, Édith debuta no Music-Hall no teatro ABC de París. Convírtese inmediatamente nunha estrela da canción francesa adorada polo público e difundida pola radio.

Convírtese tamén nunha especie de icona parisina e na musa dos existencialistas. Nos años 50, Piaf era famosa en moitos países. O público norteamericano consagrouna en 1956 no Carnegie Hall de Nueva York, ao que regresou con frecuencia, tras iniciar ese mesmo ano unha cura de desintoxicación.
O 10 de outubro de 1963, Édith Piaf falece en Plascassier aos 47 anos de idade, desgastada polos abusos da vida, a morfina e moitos sufrimentos. O transporte dos seus restos mortais foi organizado clandestinamente e de forma ilegal.



De extraordinaria personalidade, segue sendo unha das cantantes francesas máis coñecidas no mundo. Se non a coñeces, convidámoste a que disfrutes plenamente da voz desta dama da música francesa.

free music

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.