Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/12/07

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Poucas vece leo un libro despois de ver a película. Pero aproveitando a súa publicación en galego, e que a propia película me encantara, lin onte (e digo onte, porque lese nunha hora) este fermosísimo libro.
Realmente, nun libro tan pequeno, hai moito.
Máis ca unha novela, é un texto iniciático que apela ao multiculturalismo, á tolerancia e ao entendemento entre iguais. A súa lectura afortala a nosa confianza na especie humana, abrindo a porta a unha reflexión esperanzadora sobre o futuro do mundo no que vivimos.

Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo de agarimo. Ibrahim é un tendeiro musulmán. Ambos viven rúa Azul, no París dos anos 60, e traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas.

E, se podedes, vede tamén a película, dirixida por François Dupeyron, e protagonizada por Omar Shariff e Pierre Boulanger, ambos cunha interpretación exquisita.
Unha peli sinxela (que non simple), sen efectos especiais, sen alardes técnicos espectaculares, que constitúe -tamén ela- unha pequena xoia.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

eu vin a peli e encantoume

María Rey dixo...

Gustoume moito este libro, creo que nos deixa ver, con moita sensibilidade, certas realidades e nos fai desfacernos dos prexuízos que poidamos ter.
Creo, que máis alá cas alusións que nos fai o racismo, nos mostra unha verdadeira relación de amizade, é iso e o único que importa, o país de orixe está demais, cando hai de por medio un amor de amizade como se teñen o señor Ibrahim e o neno xudeo, cando esa soidade que sintes os dous é suplida, o demais non importa. Tamén nos amosa a dor dende diferentes puntos de vista, por diferentes motivos, pero como con unha soa persoa ó teu carón, se pode levar a vida con máis alegría, con máis ilusión..., e creo que é moi bonito, que en tan poucas palabras, nos transmitan tantas cousas, e por iso podo dicir que me gustou moito e espero poder ver pronto a película, porque se é como o libro, estou segura que algunha que outra lágrima me fará soltar.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.