O cubo de Rubik (ou cubo máxico, como se coñece nalgúns países) é un quebracabezas mecánico inventado polo escultor e profesor de arquitectura húngaro Ernö Rubik en 1974. Estímase que máis de 100 millóns de cubos de Rubik oo imitacións foron resoltos ao longo do mundo enteiro.
O seu mecanismo sinxelo sorprende tanto desde o punto de vista mecánico, ao estudar o seu interior, como pola complexidade das combinacións que se conseguen ao xirar as súas caras. O invento, descendente dun primeiro prototipo de só dúas capas, consiste nun cubo no que cada unha das súas seis caras está dividida en nove partes, 3x3, o que conforma un total de 26 pezas que se articulan entre sí grazas ao mecanismo da peza interior central, oculta dentro do cubo.

Preme na fotografía e "rómpete a cabeza" intentando resolvelo... é cuestión de paciencia e algunha dose de coñecementos xeométricos; pero, se che falta algunha das dúas cousas, sempre poderás entregarte á deusa fortuna! Sorte!
Vía Zibereskola
1 comentario:
O cubo de Rubik tenche o seu truco, eu aínda non llo descubrín pero...ando niso
Publicar un comentario