Dende o Departamento de Galego estamos a promover a lectura no noso idioma, como sabedes, coa creación xa dende o comezo de curso do noso club de lectura virtual, as estelas dos ronseis. Nun principio, dirixido aos de 4º da ESO, pero pouco a pouco este club vai medrando con incorporacións de opinións de alumnado de 1º de ESO e de 1º de Bacharelato, de momento. A día de hoxe,
xa son máis de 50 as opinións recollidas de diferentes libros.
xa son máis de 50 as opinións recollidas de diferentes libros.E por que falamos hoxe disto? Porque mañá visítanos o autor do libro recomendado para 1º de ESO, Breogán Riveiro, quen naceu en Montevideo en 1967. Como autor acada o Premio "Cidade fantástica" da cidade da Coruña, a Curuxa Lit
eraria do Museo do Humor de Fene e foi finalista do Primeiro Premio de Relato por Entregas de La Voz de Galicia. Publicou as obras O vendedor de mazás, de xénero fantástico, e O asasino bífido, instalado no ámbito da literatura humorística. No ano 2004 foi gañador do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación Provincial da Coruña con Tonecho de Rebordechao, que foi o libro que leu o noso alumnado. No ano 2006 resulta gañador do Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Títeres coa obra O afundimento do Tiránic.

Sen comentarios
Publicar un comentario