Seda é un libro curto (relato longo ou novela curta?), un libro máxico, un libro doce, un libro especial. Seguramente, entra nesa condición de "libros que todo o mundo debería ler", non por ser universal, senón por ser íntimo; un libro que parece ter sido escrito para que cada un de nós o lea, nun momento e nun tempo determinados.
Ese libro, que catapultou a Alessandro Baricco á sona internacional, é unha frecha directa á emoción, o punto no que a literatura fai que as sensacións flúan e avancen xunto coa novela. En Seda les música, ritmo, fraxilidade, delicadeza... flúe a lectura como a tea do título, como a seda. E quizais isto teña que ver con que a historia sexa simple, pero desgarradoramente emocionante.
A súa lectura é sinónimo de sensación, non só de viaxe.Seda pretende ser seda, unha arquitectura narrativa, levísima, reducida ao mínimo e delicadamente tramada. A seda é a escusa e o todo. Singularmente fermoso, o libro lévanos por pequenas pasaxes, estampas, que non capítulos. E quedaremos con esa dor estraña da morriña por algo que xamais sucederá.
E ademais, podemos lelo en galego grazas á editorial Rinoceronte.Baldabiou siguió escuchando, en silencio, hasta el final, hasta el tren de Eberfeld. No pensaba en nada. Escuchaba. Le hizo daño oír, al final, cómo Hervé Joncour decía en voz baja
- Ni siquiera llegué a oír nunca su voz.
Y al cabo de un momento:
- Es un dolor extraño. En voz baja.
- Morir de nostalgia por algo que no vivirás nunca.
1 comentario:
Seguindo a vosa recomendación collín o libro da biblioteca do centro sociocultural do meu barrio.
Boa recomendación. Gustoume. Eu non puiden lelo en galego porque o exemplar que tiñan era en castelán. Pero moi bo de todas maneiras. Grazas.
Publicar un comentario