Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/12/07

Astro bebé

Din que é un astro bebé, que se chama L1157 e que é a primeira vez que se ve claramente o conxunto de gases de forma aplastada arredor dunha estrela en formación. As estrelas tamén foron fetos. Este contaba con 10.000 anos de xestación hai 800 anos luz. En tan só un millón de anos, será todo un Sol.
O Laboratorito de Propulsión a Chorro (JPL) asegura na súa páxina web que a imaxe tomada polo telescopio espacial Spitzer da NASA -que captou a primeira imaxe dunha estrela embriónica en pleno nacemenyo, xusto no momento en que comeza a se contraer e a se expandir e a expulsar chorros de gases ao espazo- podería aportar moita luz sobre a formación dos planetas.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.