Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/01/08

Abril rojo

O malo do desprestixio actual dos premios literarios é que podemos deixar de prestar atención a novelas coma esta, premio Alfaguara 2006, que é -ademais- un documento da realidade de América Latina.
Abril rojo
de Santiago Roncagliolo (Lima, 1975) non é soamente un thriller. Félix Chacaltana Saldívar,
fiscal distrital adxunto, é un inxenuo funcionario público, que descobre que nada é o que parece e que por debaixo da aparente democracia hai toda un rede sutil onde tamén xogan a relixión e a prensa. A crítica á igrexa parece feita para despistar, a pesares de ser brutal. E o protagonista vive un proceso de descreimento paulatino e descomposición moral que o lector acolle con simpatía a pesares de que se exaspere coa súa inxenuidade.
O autor proponnos unha viaxe cara ao máis escuro, cara ao máis podrido da alma humana que reloce cos tempos violentos, ambiguos e amorais, sen esperanzas.
Unha novela entretida e de lectura áxil que seguro vos gustará.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.