Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/01/08

Matemática natural

Novamente insisto no feito de que comprobedes por vós mesm@s a utilidade das matemáticas na vida cotiá. Con este video quero demostrar como as matemáticas están en cada unha das cousas que nos rodean, xa sexa coa súa forma xeométrica, a súa cantidade, a súa dimensión…

Cando miramos o Sol vemos un círculo aínda que sexa en realidade unha esfera, a forma dos froitos das árbores, nós mesm@s somos xeométricos... En todos os lados hai matemática!!!
Seguides pensando que a xeometría non é importante? Pois mirade este video con atención... Espero que vos convenza, pero se non é así, seguirei insistindo na miña idea. Son moi testán!!!

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.