O seguinte problema foi escrito por Einstein no século pasado e afirmou que o 68% da poboación NON era quen de resolvelo. Atrévestes?
1.- Temos 5 casas de cores diferentes.2.- Hai 5 persoas de diferente nacionalidade, sendo, cada unha dona dunha casa distinta.
3.- Estas 5 persoas toman algunha bebida, fuman cigarros dunha marca e teñen mascota todas respectivamente diferentes.
PREMISAS
PREMISAS
1.- O inglés vive na casa vermella.
2.- A mascota do sueco é un can.
3.- O danés bebe té.
4.- A casa verde é a inmediata da esquerda da casa branca.
5.- O dono da casa verde toma café.
6.- A persoa que fuma Pall Mall cría paxaros.
7.- O dono da casa amarela fuma Dunhill.
8.- O home que vive na casa do centro toma leite.
9.- O noruegués vive na primeira casa.
10.- A persoa que fuma Blend vive xunto á que ten gatos.
11.- O home que ten cabalos vive xunto ao que fuma Dunhill.
12.- A persoa que fuma Blue Master bebe cervexa.
13.- O alemán fuma Prince.
14.- O noruegués vive xunta á casa azul.
15.- O home que fuma Blend ten un veciño que bebe auga.
¿QUEN TEN PEIXES POR MASCOTAS ?
2 comentarios:
Se cres que tes a resposta.....
Mándanos un correo a trafegandoronseis@hotmail.com
Por certo, eu xa a sei.....
A nosa máis cordial noraboa á nosa lectora habitual, Oki, que deu coa resposta correcta!!!!
Parabens!
ninguén máis se anima???
Publicar un comentario