Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/01/08

Un adeus sentido

Morreu Ángel González. Un dous meus poetas. Ese que un gran amigo quixo que descubrise. Ese libro que me acompaña desde que el mo agasallou.

Foi unha das voces poéticas máis firmes da posguerra española. A poesía foi para el vehículo da expresión da conciencia existencial.
En 1955 publicou Áspero mundo, ao que seguiría Sin esperanza, con convencimiento (1961), Grado elemental (1961), Tratado de urbanismo (1967), Breves acotaciones para unha biografía (1971), Prosemas o menos (1983), Deixis de un fantasma (19912) e Otoño y otras luces (2001).
En 1985 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras, o Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana en 1996, e xa no ano 2005 o García Lorca.
Para el, o xermolo do poema reside na estrañeza que lle provoca a contemplación do mundo. Despois xurdirá o poema, como forma e estrutura das palabras. O poeta pode permitirse mesturar realidades e usar termos de universos diferentes. A poesía serve para falar da historia en clave persoal, e burlar a censura. As propias palabras móvense con vontade propia, provocan estrañeza e permiten inversións. O autor convértese en voz poética, en personaxe.

Inmortalidad de la nada


Todo lo consumado en el amor
no será nunca gesta de gusanos.

Los despojos del mar roen apenas
los ojos que jamás
-porque te vieron-,
jamás
se comerá la tierra al fin del todo.

Yo he devorado tú
me has devorado
en un único incendio.

Abandona cuidados:
lo que ha ardido
ya nada tiene que temer del tiempo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.