Na inmensidade do universo hai miles de millóns de estrelas en formación, e outros miles de millóns en extinción. Estanse formando e están desaparecendo planetas sen pausa e nun número imposíbel de maxinar.
Por medio do telescopio do 2,2 metros de diámetro que o Instituto Max Planck ten instalado no observatorio chileno de La Silla, científicos alemáns observaron por vez primeira o nacemento dun planeta -na galaxia de Hydra- dentro do disco de pó e gas que aínda rodea á noviña estrela TW Hydrae, que conta apenas con entre 8 e 10 millóns de anos de vida.
Trátase do planeta bautizado como T W Hydrae b, dez veces máis masivo ca Xúpiter, o máis grande do noso Sistema Solar. Realiza unha órbita completa arredor da súa estrela en 3,56 días a unha distancia media de 0,04 unidades astronómicas (UA), é dicir, 25 menos que a distancia entre a Terra e o Sol.
A opinión estendida entre os astrofísicos é que as estrelas fórmanse das nubes de pó e gas interestelar. A partir delas e co material que sobra, que forma un disco do mesmo pó e gas xirando en torno á estrela, orixínanse por acreción os protoplanetas -tamén chamados planetesimais-. Este proceso ocorre necesariamente nos primeiros dez millóns de anos de vida das estrelas, xa que a partir dese tempo o disco de acreación empeza a se disipar. Dende estes protoplanetas formaranse os planetas ao acumular en torno aos seus núcleos inxentes cantidades de pó e gases solidificados.
Até o presente, aínda que foron descubertos preto de 270 planetas extrasolares, xamais se observara un planeta arredor dunha estrela con menos de cen millóns de anos de vida. Unha mostra da "veteranía" da Terra, cos seus 4570 millóns de anos xirando arredor do Sol, unha estrela de 5000 millóns de anos que pode atoparse no ecuador da súa vida.
A partir de motas de pó dun micrometro -millonésima parte dun metro- orixinaríanse, por acreción debida ás colisións sucesivas, os embrións de planetesimais. A medida que aumentan de tamaño vólvense o suficientemente masivos para reter outras partículas de pó e gas. A este proceso de formación dos planetas contribúen, segundo os astrofísicos, determinadas inestabilidades gravitacionais que favorecen o proceso de acreción.

Sen comentarios
Publicar un comentario