Iso de "a mal tempo, boa cara"... Permítideme esta necesidade persoal.
O riso é a reacción biolóxica dos humanos a momentos ou situacións de humor: unha expresión externa de diversión. O filósofo JohnMorreall sostén que a orixe biolóxica do riso pode estar nunha expresión compartida de alivio tras pasar o perigo. A laxitude que sentimos tras rir pode axudar a inhibir a resposta agresiva, convertendo o riso nun sigo de conduta que indica a confianza nos compañeiros.
Pero o riso non está restrinxido aos humanos. Segundo parece, existe o riso animal, cun son semellante ao dos bebés. Isto pode deberse a que o sistema límbico, que manexa o riso, é unha das partes menos evoluídas do cerebro humano.
O riso produce unha estimulación que é á vez relaxante, aumentando a tolerancia á dor. Ademais, proporciona unha experiencia emocional satisfactoria. Se unha persoa está deprimida ou enfadada, e alguén fai que ría, o seu estado de ánimo cambia inmediatamente e a ira ou a depresión esvaécense; por iso o sentido do humor é unha poderosa arma para utilizar nos momentos difíciles da vida.
O humor é tamén unha experiencia social que axuda a nos sentir máis relaxados cos demais, fomenta a sensación de unidade e pertenza ao grupo e reduce os sentimentos de soidade ou illamento. Cando ris con alguén, estás máis unido con esa persoa.
Non me digades que non é contaxioso:
Así que non esquezades, ride e facede rir (eu polo menos necesítoo)... e non vos preocupedes das enrugas, son signo de felicidade, digo eu!

Vía El mutante Cósmico
1 comentario:
muy bueno el blog hermano..
saludos!!
mutante
Publicar un comentario