Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/01/08

SMS

Entre os días de Noiteboa e de Fin de Ano colapsouse o móbil con tantas mensaxes recibidas. Por problemas técnicos, perdín algunhas delas, pero recóllovos algunhas graciosas e outras máis entrañables que puiden conservar, esperando que vós aportedes máis nos comentarios. Perdoade, por outra parte, as palabras malsoantes que non deberían ser constatadas no noso blogue (deixo un par delas demasiado fortes, témome):

.- Aos que comparten risos, aos que choran, aos que teñen alguén ao seu carón, aos que non o teñen, aos que vexo a cotío, aos que boto de menos, a todos... feliz ano!

.- Estou argallando adornar unha árbore de Nadal cos nomes da xente a que quero. Por suposto, collín prestado o teu. Bo Nadal!

.- Que no ano 2008 teñas unha felisidá tan jrande, tan jrande, tan jrande, pero tan jrande que penses: carallo, pero que felisidá tan jrande teño!

.- Ogallá as pulgas de mil camelos exipcios infecten o cu de quen intente joderte no 2008 e os seus brazos sexan tan curtos que non poida rascarse. Feliz ano!

.- Unha botella de cava, 30€; un cotillón en noitevella, 60€; un vestido de festa, 100€; que eu che felicite o ano, non ten prezo!

.- Que os teus ollos vexan paz, as túas mans realicen ilusións, a túa boca saboree sorrisos, e o teu corazón alcance amor. Que sexas sempre feliz. Feliz ano!

.- Cando un soño se cumpre, un pequeno trasno esboza un sorriso. Que o 2008 sexa o tempo no que o teu trasno aprenda a sorrir. E se non sorrí coa súa tenra cariña, sen dubidar, dálle un par de hostias nos morros e retórcelle os collóns ata que sorría o cabrón, que ao fin e ao cabo é o único favor de merda que lle piden en todo o puto ano. Feliz ano porque si ou por collóns.

.- A familia e os amigos son como as estrelas: non sempre as ves pero sempre están aí. Feliz ano.

.- Papá Noel se ha vuelto loco, se ha follado al reno, al enano y al que tiene el móvil en la mano. Feliz Nadal.

.- Todos os nadais aproveito para compartir o mello coa xente que quero, nestes días tan especiais para min ti formas parte dos meus mellores desexos. Bo Nadal!

.- O goberno cifra nuns oito millóns o número de coellos que se comerán esta noite. O número de pollas está aínda por determinar. Feliz ano!

.-Cámbiase de coche, de casa, de roupa, de zapatos, de mes, de look, de traballo, de ano, pero nunca de amigos. Feliz nadal.

.- Que cada lúa sexa de mel. Feliz ano!

.- Quería mandarche algo gracioso, incrible, tenro, sexi, salvaxe, doce, erótico e divertido... pero síntoo, eu non entro pola pantalla. Feliz ano!

.- Feliz ano! Sei que é cedo pero coñezo a tanta xente guapa, rica e sexi que empezo polos pobres, desgrazados, putos e dexenerados...

.- Feliz ano. Que ao noso paso non causemos dano a ninguén. Que saibamos mirar a beleza deste mundo e facer felices aos demais.

.- Cubatica nuestro que estás en el vaso, a través de la boca abriéndote paso. Santificados sean tus grados, vengan a nosotros tus efectos. Hagase tu voluntad, así en el bar como en el pub. El pedo nuestro de cada noche, dánoslo hoy. Perdona nuestras mezclas así como nosotros perdonamos los garrafones. No nos dejes beber Buckler sin alcohol y líbranos del bitter kas. amén. Feliz ano!

.- La A.L.P. Asociación de langostinos a la plancha recuerda que hay mejores cosas que chupar y pelar en un día como hoy. Feliz ano!

E, agora mesmo, de casualidade, veño de topar en Brétemas outras poucas que eu non recibín.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Unha aportación:
"Que a maxia sexa o voso mellor traxe, o voso sorriso o mellor agasallo e a vosa felicidade o mellor desexo. Feliz 2008"

Anónimo dixo...

Que nunca te falte un sueño por el que luchar, un proyecto que realizar, algo que aprender, un lugar donde ir y AMIGOS a los que querer. Feliz año

Anónimo dixo...

ao teu arredor unha pila de chispiñas alumean, son os teus amigos que che desexan bo nadal

Anónimo dixo...

La riqueza de una persona está en su familia y en sus amigos. Gracias por ser parte de mi riqueza. feliz ano

O Segrel do Penedo dixo...

Pois xa vexo que non me queda nada por dicir...
Aínda que eu pensaba que farías un novo post e non os engadirías ao anterior... (jejeje)
Beixos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.