Se existise un hipotético vaso cun fondo como a superficie dos Estados Unidos de América, e verquésemos dentro toda a auga do mundo, esta alcanzaría unha altura de 145 quilómetros. É dicir, aproximadamente 1.359 millóns de quilómetros cúbicos, segundo os datos da institución US Geological Survey (USGS), que se encarga de realizar as medicións xeolóxicas nos EEUU. Arredor do 72% da superficie da Terra está cuberta pola auga, pero o 97% é salgada e por tanto non é potable. Así que convén saber algúns datos acerca da auga doce:
- O 70% da auga doce do mundo atópase atrapada nos casquetes polares.- Menos do 1% de auga doce do mundo é facilmente accesible.
- 6 países (Brasil, Rusia, Canadá, Indonesia, China e Colombia) posúen o 50% das reservas totais de auga doce do mundo.
- Un terzo da poboación humana do mundo vive en países sometidos a "estrés da auga".
Segundo a USGS hai moita máis auga doce almacenada no subsolo que a existente en forma líquida sobre a superficie do planeta.
Na seguinte fotografía podedes ver á esquerda o aspecto que tería toda a auga da Terra, incluíndo mares, ríos, lagos e nubes, se puidéramos agrupalo en forma esfera en comparación co noso planeta. Á dereita, o que ocuparía todo o aire da Terra se o incluíramos dentro doutra esfera.
Vía Fogonazos
1 comentario:
jo, que pasada
Publicar un comentario