Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/02/08

Grazas por compartírmonos

Parece que canto menos guste un de algo, máis se ve obrigado a facelo. Cando menos iso nos ocorre ultimamente, sobre todo porque non somos quen de domar o corazón, a pesar dos desencontros e abandonos, dos exilios e dos desaxustes. Do que padecemos como traizóns. E seguimos a abrir almas, na esperanza da Amizade. Ou de acubillo.
Hai xa mil anos, noutro blogue e noutra vida, escribín "Tinta esvaída", palabras e bágoas de dor. Hai un mes dixemos adeus a outra persoa especial. Hoxe, novamente, volvemos a erguer os panos do "non nos esquezas". Sinceramente, agardo que nuns meses sexa eu a que volte a vista para mirar esas mans que saúdan. Que se despidan de min. Entrementres, o corazón da cidade segue a latexar coma se nada ocorrese e non nos queda outra cousa ca o de sempre: seguir un camiño que ás veces parece unha broma do destino. Quedan as ausencias, con todo o que levan e o pouco que deixan. Acudo a Benedetti para dicir "lo perdido es la luna redonda que yo hacía ovalada en mi retina y el firmamento con estrellas que ahora es apenas un cielo raso. Todo se va borrando, todo pasa a ser sombra y vacío. Y el obligado acabose no nos ayuda a hallarlo".
Recoñezo e dou grazas por termos alumnos e alumnas tan especiais.



5 comentarios:

Anónimo dixo...

Mátote como pos esa foto nosa que eu salgo malísimo!!!!

Ai teñoche un medazo a subtituta que veña....como sexa moi mala vamos o milladoiro polo noso querísimo titor pero en menos que canta unha galiña!,todos o extrañaremos...

Bicos!

Anónimo dixo...

Din que todo ten un final ¿non? E este e o final do titor neste curso!!Un gran profesor e sobre todo unha gran persoa que nos deixa igual que nos deixou Manuel...Claramente ¨obrigados ¨ a marchar jeje

Suso que se che vai botar moito de menso eso non o dudes!!

Un gran bico!!

Cris A.

Anónimo dixo...

Pues si!!
No tendria q irse!
Lo vamos a extrañar muxo muxisimooo!
Xq las personas marchan?
Le tienes cariño y marchan?
Juuu
=(
Espero que pa el año te otra vez!
Aunq nu me de clase!
Me alegraria un monton verlo x el insti!
=)
Iba a poner to esto en gallego peo...Me hacia un lio con to pa escribir!
Asi que a la proxima que me pase va to en gallego!
jeje
Besitoos!
aGus
=)

Anónimo dixo...

Sempre chega o momento no que temos que despedirnos das persoas que tanto queremos. Gustaríame que esto non sucedese nunca pero sempre hai despedidas e a verdade é que este ano xa levamos unhas poucas!
Igual que estrañamos a Manuel estou segura que con Suso nos pasará o mesmo.
Sempre te botaremos de menos titor!

Hadriana.

Anónimo dixo...

Boh, a min non me podedes falar disto...entre o texto de Benedetti que puxeches e a música que estou escoitando... claro que se botará de menos, xa tiñamos a nosa rutina diaria; mañá non vai ser o mesmo coa nova profe, esperemos que polo menos se lle asemelle algo. Os alumnos tamén agradecemos ter profesores tan especiais (e isto non é peloteo)


P.S. En canto chegue a nova colgámoslle unha chaqueta vermella!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.