A capacidade das bacterias para sobrevivir nos recunchos máis extremos do planeta só se ve superada polo seu abraiante potencial de reprodución. Nunha soa hora, e cos nutrintes necesarios, unha soa bacteria pode duplicarse até dar lugar a máis de 11,6 billóns de copias de si mesma. Isto equivale, segundo o premio Nobel de Medicina Christian de Duve, a 280 billóns de individuos nun só día. Afortunadamente para o resto de criaturas da Terra, non todas as bacterias se reproducen ao mesmo ritmo.
Por suposto, as cifras son teóricas: se unha bacteria se divide cada 20 minutos temos que cada 20 minutos multiplica o seu número por dous, polo que en 24 horas teríamos 4,772 miles de billóns. Isto é imposible posto que a división cada 20 minutos só se dá en circunstancias óptimas, e estas degrádanse a medida que aumenta a densidade.
Se se cumprise sempre que o tempo de duplicación da bacteria Escherichia coli fose exactamente 20 minutos sería sinxelo calcular a densidade óptica á que chegaría o cultivo nun tempo determinado. Este cálculo debe ser tomado como aproximativo.

Vía Fogonazos
Sen comentarios
Publicar un comentario