Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/02/08

Contra a SIDA no Carnaval

Unha das metas da campaña para previr a SIDA no Brasil, durante o carnaval deste ano, é convencer ás mulleres para que insistan en que os seus compañeiros sexuais usen o preservativo. Repartiranse 20 millóns de condóns gratuítos baixo o lema "se usas condón, serás incrible na cama".
O Ministerio de Saúde do Brasil empezou a repartir o domingo millóns de condóns antes da celebración do Carnaval, un período de gran exaltación erótica, nun esforzo por combater a Sida e outras enfermidades de transimisión sexual.
"Temos que facer que a sociedade estea ao tanto da importancia da prevención. O 80% da xente nova consultada durante unha investigación emprendida polo ministerio dixo que usa condóns. Pero nin sequera un 40% das mulleres consultadas dixeron que insisten no seu uso" declarou Gomes Temporao, ministro de Saúde.
Como non podía ser doutra xeito, a Igrexa católica opúxose a esta campaña. Porén, o país é coñecido por ter un dos mellores programa contra a Sida, sendo considerado polas Nacións Unidas como un modelo neste senso.



Vía Todas

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.