A microfotografía ou micrografía é a expresión máxima da macrofotografía, cando as imaxes son tomadas a través do microcospio. É unha técnica habitual en laboratorios e centros de investigación con fins científicos ou médicos, pero conta tamén cunha vertente artística de cada vez maior proxección.
Nikon apoia o desenvolvemento desta técnica cunha web e coa convocatoria dun concurso anual. As fotos do certame do 2007 son impresionantes (recoméndovos visitar a páxina), como esta na que se pode observar canta vida pode albergar unha simple gota de auga. É obra de Peter Parks e obtivo o quinto premio.
O primeiro premio foi paa Gloria Kwon e a súa impresionante instántanea do embrión dun rato transxénico de 18,5 días.
Vía Mangas verdes
Sen comentarios
Publicar un comentario