O Centro Nacional de Análises e Sínteses Ecolóxica de California creou un mapa mundi (preme na imaxe para vela mellor) no que se representa o impacto do home sobre os ecosistemas mariños a través das cores: desde o azul natural (nulo impacto) ao vermello (altísimo impacto). A imaxe resulta desoladora, dominada polos amarelos (impacto medio) e os laranxas (alto impacto).
Na páxina oficial hai tamén un vídeo do mapa en tres dimensións que resulta máis ilustrativo.Vía Mangas Verdes
Sen comentarios
Publicar un comentario