Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/02/08

Obradoiro de contacontos

Cando comezamos este curso escolar, alá por setembro, e nos replantexamos tantas novidades, pensamos nunha impartición de aulas en 4º de ESO renovadora e diferente: tentar buscar novos horizontes en que a lectura, a escritura, a oralidade, fosen protagonistas. Quizais deixamos fóra de máis Gramática, Literatura e Sintaxe, contidos tradicionais que tememos demasiados necesarios para os cursos aos que logo se enfrontarán...
O primeiro obxectivo estase achegando. Len. Non só len, senón que gustan da lectura, reflexionan sobre ela, contáxianse os libros que voan de man en man. De 20 alumnos, 15 forman parte do club de lectura, o que significa ler máis.
Tamén lemos poesía. Lemos poesía en voz alta e en voz baixa. Escribimos poesía. Fran Alonso veu a pór o seu gran de area para que esta formase parte das súas/nosas vidas.
Escribimos. A escrita serve de denuncia social e de comunicación de sentimentos.
Interpretamos. A lectura de obra teatrais na aula, a discusión de reparto de personaxes... ¿cantos recreos interpretando porque as 3 horas de clase semanais non nos chegan a nada?
Reflexionamos. Reflexionamos sobre as lacras da sociedade, sobre a violencia de xénero, sobre as guerras, sobre as diferenzas sociais, sobre as inxustizas... temos que rematar aínda o último documental, seino, pero custa!
E agora, a oralidade. O noso amigo poeta e contacontos Celso Fernández, Celsiño, comezou onte un obradoiro de contacontos. Arredor del, contaminounos da súa paixón por, sobre todo, saber esocitar. E levamos deberes: buscar unha persoa que poida ser personaxe e escoitar conversas en lugares públicos susceptibles de ser transformadas en contos. Viciounos coa súa sa ledicia. Escoitamos significados de nomes e esperamos polos contos prometidos aos que non tivemos tempo de chegar. O tempo voou demasiado rapidamente, mentres abraiados contemplabamos ao noso tímido Marcos contar dous contos dun seu personaxe que xa ten elixido; moi serio el e feito un home. Agardamos impacientes as próximas sesións.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

joooooooo que bonito case choro e todo...Os deberiños xa está cun veciño aqui borrachin que conta cada unha moi moi grande..

Bicos mamá de Lorena e máis eu que andamos a voltas cun traballo de ética...

Anónimo dixo...

Olaaa!!
Moi bo resumo do que traballamos!
Ainda q é moi resumido eh
xDxD
Eu non coñezo asi ningun "personaxe"!
Tendrei que ir falr co meu avó!
^^
Pos eso
B.iq.u.i.ñ.o.s.S*


Qeroteee!!

=D

*...S a R a...*

Anónimo dixo...

O obradoiro estivo moi ben todo ai que decilo! O malo e facer os deberes, bueno escoitar si pero contalos... :S jeje

besos!!!


Cris!

Anónimo dixo...

A min encantoume o obradoiro, encantoume! De verdade que quetei devecendo pola chegada da nova sesión, por escoitar eses contos...por compartir as historias sobre ese Pepe do nonseiqué q todos temos na parroquia...
Que x certo xa teño unhas cantas historias simpáticas...q esta maña fun á plaza de abastos.

Anónimo dixo...

Olaaa!
A nos persoalmente encantannos os contos..
E sobre todo o q mais nos gusta é o cotilleo! Grazas x mandarnos esos deberes! xDD..
Esperamos aprender a contar os contos como Celsiño!
Biquiños!
..IcI E LauRa..

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.